Trátase dunha ruta con asistencia dun guía do parque dende unha pneumática con puntos de parada explicativos.
A ruta comeza cunha presentación no punto de encontro (recepción do camping na illa). Segue por unha breve clase de navegación, seguridade e condutas que debes seguir no parque nacional. De camiño ao embarque, proporcionaremos datos sobre o parque, a súa historia, flora e fauna.
A ruta no mar tamén ten paradas fixas para descansar, explicar e tomar fotografías.
A nosa actividade desenvólvese en kayaks dobres de máxima calidade, homologados e con C. E., aínda que dispoñemos de algúns kayaks individuais para grupos impares. As parellas constituiranse de forma natural no punto de encontro.
A duración da ruta é de dúas horas dende a presentación até a chegada.
Durante a ruta, tomaremos fotografías que poderán obter de forma gratuíta e, así, levar unha grata lembranza.
Esta é unha ruta didáctica avanzada, a idade mínima é, obrigatoriamente, de 12 anos. Ademais, é imprescindible saber nadar e vestir o chaleco salvavidas durante toda a nosa excursión. Os nenos de 12 e 13 anos deberán ir sempre acompañados dun adulto. Non obstante, aqueles con idades entre os 14 e os 18 anos poderán realizar a actividade sos, aínda que deberán presentar un formulario de autorización previamente.
Contamos con todas as medidas de seguridade exixidas, así como seguro de responsabilidade civil, tanto da actividade como da embarcación de apoio.
A nosa recomendación é que, sempre que sexa posible, realices a túa reserva para a ruta da mañá, xa que a situación do mar adoita ser máis adecuada para desenvolver a nosa actividade.